Historia

Trapos Sucios é un grupo galego de rock creado a principios do ano 2002.

GermánMosqueira canta, Ricardo Mayo (Kaio) e Denís Lamela tocan as guitarras; Manolo Romero (Tararo) o baixo e PedroA. Lago a batería. Xuntos forman Trapos Sucios.

A ilusión compensou a falta de experiencia e, despois de moito traballo, logran gravar, no ano 2006, a súaprimera maqueta: “En un lugar olvidado”.

Pechados no estudio, enfráscanse na gravación dos 12 temas que formarían o seuprimeiro disco, en xuño de 2007, “¿Y tú qué opinas?”, que contou coa colaboración  dun número un da música en Galicia, Javi Maneiro (O fillo da necha), cantante de Heredeiros da Crus e Jabon Blue.

A mediados de 2008 gravan unha maqueta de 4 cancións da que se regalaron 1000 copias en adianto do que sería o seusegundo disco en estudio, “Con el agua al cuello”, sacado á venda en xullo de2009 edistribuido en toda Galicia.

Trapos Sucios compartiron cartel con grupos da talla de Rosendo, Barricada, Barón Rojo, Porretas, Gatillazo ou The Lokos e colaboraron no seu directo artistas da talla de Charlie (baixista de Los Suaves).

Ademáis, no ano 2008 quedan 4º clasificados no concurso "A polo ghit" que organizou a Radio Galega e proclámansecampeóns do "I concurso de rock da deputación da Coruña".

Actualmente están preparando os temas do seu seguinte disco, en 2012.

Na súa páxina web, www.trapossucios.com, pódese consultar todo o relacionado co grupo: noticias, foro de discusión, videos, escoitar a súa música e incluso descargar gratis os seus anteriores discos e maquetas.

 

(Historia actualizada a Marzo de 2011)